lunes, 4 de junio de 2018

ACTIVIDADE: PARQUE DE AVENTURAS DE MARÍN, 2 de Xuño

Ensinámosvos algunhas fotos da xornada do pasado sábado no parque de aventuras de Marín (Pontevedra). A través da subvencion de Iniciativa Xove da Xunta de Galicia, puidemos desfrutar dunha actividade moi interesante na que participamos un grupo de persoas xordas de entre 18 e 30 anos.
Co obxetivo de falar das barreiras que a mocidade xorda sufre na actualidade, acudimos a un parque de obstáculos e aventuras onde fixemos diferentes rutas e, en cada obstáculo, visibilizamos e falamos de diferentes barreiras que atopamos no noso día a día, así como a posterior proposta de solucións para frear ou eliminar ditas situacións.
Foi unha xornada na que aprendimos moito. Esperamos ter mais oportunidades para traballar nisto!!